Publicado ago por Refraneiro Galego.
Refráns co termo: san xoán
Se san Xoán chora, a silveira non dá moras
Se non chove no san Xoán, as patacas non se dan
Se despois dun maio pardo, quenta o sol no de San Xoan, non lle hai que ter medo á fame, que ainda é ano de pan
Se chove en san Xoán, nin hai viño nin hai pan
San Xoán come pan e san Andresiño touciño
San Xoán claro; santa Mariña, o trigo na arquiña
Se queres descubrir máis refráns, descarga no teu móbil a aplicación Refraneiro Galego para iOS ou para Android! É gratuíta e contén máis de 10.000 refráns para consultares en calquera momento. Nesta web só atoparás unha pequena escolma.