Publicado ago por Refraneiro Galego.
Refráns co termo: muller
Vacas de Ulla e muller de Bendoiro, non as metas na casa, que che é un agoiro
Vaca de Entrimo e muller de Gaiás, foxe delas coma dos cas
Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita, quita, quita
Un vello que casou, pola nariz á muller tirou
Un home é un home, un gato é un bicho e unha muller un capricho
Tres cousas sempre frías están: rodilla de home, cu de muller e fuciño de can
Se queres descubrir máis refráns, descarga no teu móbil a aplicación Refraneiro Galego para iOS ou para Android! É gratuíta e contén máis de 10.000 refráns para consultares en calquera momento. Nesta web só atoparás unha pequena escolma.