Publicado ago por Refraneiro Galego.
Refráns co termo: san xoán
Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, o que fai o ano fermoso
Xaneiro e san Xoán claro, valen máis que os bois e o carro
Vento por san Xoán, ata san Antón non máis
Un anaquiño que lle quedou, para san Xoán o deixou
Tras de maio, vén san Xoán
Treboadas de san Xoán, barrisco de froita na man
Se queres descubrir máis refráns, descarga no teu móbil a aplicación Refraneiro Galego para iOS ou para Android! É gratuíta e contén máis de 10.000 refráns para consultares en calquera momento. Nesta web só atoparás unha pequena escolma.